Campo da Angustia: Pablo (Gusy 62), Parajó, Esteban, Rivera, Moreno (Moro 48), Miguel, Sito (Jonathan 62), Grovas, Soci (Church 54) e Santi (Marcos 51).
Amio: Adrián, Rubén (Justo Manuel 75), Fco Javier, Manuel, Jesús, Miguel Ángel, Antonio (Manuel 82), Jonathan (Rubén 82), Brais, Fernando (Fco Javier 82) e Jesús Juan.
Colexiado: Ricardo Silva Pérez. Amonestou polos visitantes a Miguel Ángel no 60 por protestar. Polos nosos amonesotu a Moreno no 26 por Zancadillear a un contrario, Pablo no 62 por protestar, Esteban no 75 por Zancadillear a un contrario e a Jonathan no 77 por Agarrar a un contrario.
Partido disputado na tarde do domingo no campo de Grixoa. Sabíamos o inicio do encontro que ía ser un partido complicado, xa que era o líder invicto que só cedeu un empate en toda a campaña. A pesar disto sabíamos que o campo nos ía beneficiar a hora de exercer a presión en todo o campo, e así foi. NA primeira metade o equipo estivo moi ben en tódolos aspectos, sobre todo no defensivo, sen conceder apenas ocasións claras, cortando ben os balón aéreos e con moitas axudas sobtre todo no medio do campo, xogando fácil sobre todo atrás e conscientes de que o reloxo corría o noso favor, así transcorreu unha primeira metade igualada, na que incluso dispuxemos de tres ocasións, a primeira unha volea de Miguel dende fora da área que o porteiro atalla en dous tempos, a segunda tamén de volea de Sito que o porteiro tamén atallou en dous tempos e a última xa rematando a primeira metade, de Grobas, q tras un bo pase de Soci rematou de primeiras pero o balon topou cun defensa na frontal da área pequena. Polo resto, achegamentos do Amio con algunha que outra ocasión pero sen que Brais pasase demasiados apuros, todo gracias a un brutal desgaste físico por parte dos nosos.
Chegamos o descanso conscientes de que estábamos a facer as cousas ben, pero que sería complicado aguantar o mesmo ritmo todo o partido, aínda así contábamos con 5 cambios no banco que nos axudarían. Saímos a segunda metade coa mesma intención que o inicio do encontro. O inicio foi o mesmo que na primeira metade ata que un erro en tres cuartos de campo cando estábamos atacando, propiciu unha contra que resultou no primeiro gol do encontro. A partir daqui o equipo resentiuse xa que o esforzo realizado ata o momento fora moito, a partir daqui o Amio atoupuse máis cómodo xa que non tiñamos a mesma frescura e as axudas non chegaban tan rápido como antes. O segundo chegou tras un corner no que tras un par de rexeites o balón qdou morto no punto de penalti. O terceiro e definitivo chegaría o saque dunha falta frontal, daqui o final puideron chegar máis xa que tiveron un par de ocasións pero o resultado non se moveu.
O final do encontro a sensación que nos quedaba era a boa primeira metade, e a incógnita de saber que pasaría se fóramos capaces de aguantar máis tempo o empate no marcador, propiciando que eles se puxesen nerviosos. Melloramos o resultado da primeira volta e sobre todo as sensacións, agora agárdanos o segundo clasificado finalizando 4 partidos no que nos enfrontamos os 3 primeiros. Esperamos dar o mesmo rendemento contra o Bodegón e ser capaces de puntuar, o que nos daría moita moral.