Campo da Angustia: Brais, Gusy, Parajó (Pablo 70), Church, Rivera, Moreno (Esteban 65), Moro, Marcos (Santi 58), Chema (Grovas 58), Soci e Jose (Jonathan 58).
Ruanova: Rubén, Jaime, Miguel Ángel, José Ángel, Sergio, Miguel Ángel, David, Jairo, Francisco, Borja (Andrés 45) e Santiago (Adrián 45).
Colexiado: Juan José Raíces Souto. Amonestou polos visitantes a Miguel Angel no 43 por Agarrar a un contrario e a David no 38 por Zancadillear a un contrario e no 41 polo mesmo motivo polo que foi expulsado.Polos nosos amonestou a Moreno no 35 por Zancadillear a un contrario e a Esteban no 85 por Agarrar a un contrario.
Partido disputado na tarde do sábado no campo de Marrozos, nunha tarde bastante desapacible. O partido comezou mal para os nosos que xa no primeiro minuto encaixaban o primeiro gol logo dun corner que Rivera peina cara atrás e Moro atópase co balón marcando en propia. A pesar disto o equipo seguiu concentrado consciente do que tiña que facer, durante a primeira metade os visitantes tiveron un par de accións de perigo, sobre todo condicionado por ter o vento o seu favor, pero pasada a media hora os nosos empezaron a tocar mellor creando maior perigo, ata que no 41 é expulsado un dos visitantes chegando os mellores minutos dos nosos, aínda que sen crear accións claras de perigo. Chegábamos o descanso ca sensación de que a segunda metade podía ser a da remontada, co vento a favor e o rival con un menos.
Pero a segunda metade a pesar de que tivemos a posesión do esférico gran parte do tempo, e de que a sensación de perigo era constante na área visitante, froito tamén do repliegue feito polo rival o estar con un menos. O equipo tentouno en todo momento consciente de que se chegaba o empate o partido podíase gañar, pero un erro nun mal control de Gusy dentro da área propiciu o segundo dos visitantes e o partido xa se poñía moi costa arriba. A pesar de todo non baixamos os brazos e seguímolo intentando pero sen claridade en ataque.
Así rematou o encontro, quedándonos a sensación de que 2 erros puntuais nos condearon a unha derrota inxusta, xa que visto o que fixeron os dous equipos o xusto houbera sido un empate.