Campo da Angustia: Pablo (Moreno 45), Gusy, Parajó, Church, Joselu, Moro, Sito, Rivera (Chema 56), Soci e Santi (Jose 52).
Victoria: Daniel, Brais, David (Jacobo 52), Alvaro, Miguel, David, Amores, Diego, Raul (Marcos 61), Álvaro (Antonio 75), Marcos (Victor 66).
Colexiado: Sergio Silva Mella. Amonestou polos nosos a Brais no 75 por Retrasar a posta en xogo do balón.
Partido disputado a última hora da tarde noite no campo de Santa Isabel, contra o noso predecesor na clasificación o que aventaxábamos en 3 puntos. Ata o momento o encontro máis importante da tempada, xa que se queríamos chegar a eses ansiados 48 puntos non nos quedaba outra que gañar. Pero saímos o campo sen intensidade, e como quedou demostrado sen esa intensidade tan necesaria non somos ningúen e así ante un rival o que na primeira volta gañáramos por 5 a 3, onte os 10 minutos xa estaba por diante no marcador con un claro 2 a 0. A partir deste momento parece que reaccionamos pero a fortuna tampouco nos acompañou en exceso, e o rival marcou outros dous goles antes do descanso.
No descanso tentamos cambiar algunhas cousas pero a tarea xa era moi complicada, e así saímos a segunda metade tentando dar a cara, pero o partido xa era un mero trámite e así nos tivemos ocasións pero o rival tamén e soubo aproveitarlas mellor ca nos. Froito disto produciuse ese escandaloso resultado.
Este partido é a enésima mostra de que xe non xogamos o 100% cada partido é imposible sacar algo positivo ante calquer rival, xa tivemos varias mostras disto durante toda a tempada pero parece que sempre no lo teñen que recordar unha vez máis, e isto estanos a custar partidos que a priori eran asequibles durante toda a liga, privándonos así de poder estar así nesa tan ansiada metade da tabla. Quedan 6 partidos de liga dos que debemos de gañar 5 se queremos chegar a esa cifra dos 48 puntos que semella complicada seguindo nesta liña.