Campo da Angustia: Brais, Gusy, Moreno (Pablo 55), Marcos, Esteban (Church 51), Joselu, Moro (Santi 60), Sito, Rivera (Grobas 51), Jonathan e Soci (Jose 60).
Lavacolla: Victor, Gastón, Alberto, Victor, Carlos, Francisco, Pablo, José, Carlos, Miguel e Jose Manuel.
Colexiado: Jose Gude González. Amonestou polos nosos a Moro no 27 por cortar un balón coa man, a Grobas no 75 por retrasar a posta en xogo do balón e a Joselu no 87 por Zancadillear a un contrario.
Partido disputado a primeira hora da tarde no campo de Grixoa, nunha boa tarde e o que chegábamos logo da mellor xeira de resultados da tempada (5 victorias consecutivas), e coa moral alta. Así saímos o encontro conscientes de que tiñamos nas nosas mans ampliala se facíamos as cousas ben. O principio do encontro foi moi igualado con poucas ocasións de gol, a medida que ía avanzando o encontro estas foron chegando polos dous lados, as nosas foron bastante claras una par delas de Rivera que superou por velocidade a defensa rival e outra de Jony que cegado polo sol non puido remachar en boca de gol. E como o que perdoa págao nunha xogada de ataque rival logo dunha consecución de erros de todo o equipo o rival adiantouse no marcador, e antes do descanso logrou o segundo gol que poñía o partido moi complicado.
No descanso éramos conscientes de que voltanto o xogo dos primeiros minutos podíamoslle dar a volta xa que o rival só tiña 11 xogadores e nós contábamos con 5 cambios, co que tiñan que acusar o esforzo, pero nada máis sair o rival marcou o terceiro e o partido quedou sentenciado, despois disto chegaron os cambios pero todo seguiu igual e os goles foron caendo pouco a pouco e se non houbo máis foi porque Brais foi quen de atallar algunhas ocasións claras. Só podemos salientar o gol de Jony que recolleu un balón no medio do campo de despois de levarse os rivais por velocidade cruzou ben ante o porteiro, marcando así o gol da honra.
Só nos queda a dúbida de como sería o partido se fósemos quen de adiantarnos no marcador, xa que pareceu que podía ser distinto, pero non saíu nada e só queda pensar no seguinte ante un rival directo.