Campo da Angustia: Brais, Pablo (Gusy 55), Parajó, Church (Esteban 60), Rivera, Moreno, Moro, Sito, Grovas, Soci e Santi (Joselu 60).
Urban: José Francisco, Arturo, Eduardo, Juan José, Fernando (Xesús 67), Angel, Jesús, Roberto, Marcos, Jorge e Jorge (Senén 46).
Colexiado: Jorge Vilar Mosquera. Amonestou polo Urban a Arturo no 42 por Zancadillear a un contrario e a Marcos no 47 por Agarrar a un contrario. Polos nosos amonestou a Rivera no 10 por cortar un balón coa man e a brais no 23 por protestar.
Partido disputado na tarde do domingo no campo de Grixoa. Enfrentábamonos o equipo que tiñamos por detrás na clasificación, pero xa dendo o principio puidemos comprobar que ía ser complicado pq o pouco de comezar topáronse co longueiro tras un tiro moi libre de marca dende a frontal da área. Esa foi a tónica do partido, é dicir, que estivemos moi blandos atrás e o rival sempre que quixo puido disparar tranquilamente dende a frontal da nosa área, e eso nun campo como o de Grixoa págase moi caro. O partido transcurria igualado ata que mediada a primeira metade unha boa parede tirada por un rival deixao só na frontal da área, e este libre de marca tira para poñer o primeiro gol. Despois disto creamos algunha ocasión pero tampouco demasiado clara, e faltando xa pouco tempo para o remate da primeira metade, nunha falta votada dende o medio do campo pasou o que moitas veces, o xogador remata só e non só con iso, o balón vai o pau e por non seguir a xogada que quedar todos mirando, chega un rival e pon o dous a cero.
Chegamos así o descanso, conscientes de que se queríamos sacar algo positivo tiñamos que dar moito máis, e na segunda metade intentámolo, creando claras ocasións para meternos no partido, a máis salientable unha falta votada por Sito que o porteiro nunha boa intervención envía o pau e no rexeite non fomos quen de marcar, houbo outro par de ocasións para meternos no partido pero non as materializamos, e eso unido a nosa complacencia defensiva propiciou que noutro balón na frontal da área na que non tapamos o tiro, o rival marcase o terceiro e dexase o partido sentenciado, a partir de aque cerramos con defensa de 3 na busca dun milagro, pero lonxe disto o rival pillounos nunha contra establecendo o cuarto, daqui o final fomos quen de marcar o gol da honra por medio de Soci, e incluso creamos algunha ocasión máis, quedando constancia da gran diferencia de fondo físico entre os dous equipos, pero que non fomos capaces de plasmar, por un lado debido a nosa falta de intensidade e por outro polas pequenas dimensións do terreo de xogo.
Partido para olvidar, que nos complica moito as cousas xa que levamos toda a segunda volta sen sumar un só punto, e incluso perdendo contra rivais coma o de hoxe o que goleamos na primeira volta. Só queda pensar no Noitebra pra tratar de recuperar puntos que nos fan moita falla.