Campo da Angustia: Brais, Pablo (Gusy 56), Parajó, Church (Esteban 64), Rivera, Moro, Miguel (Jose 64), Marcos (Sito 62), Grobas, Jonathan e Soci (Joselu 60).
Vista Alegre: Jose Luis, David, Alejandro, Sergio (Victor Manuel 70), Pablo, Victor Manuel (Ivan 56), Diego (David 75), Iván, Adrián (Marcos 42), Iván (David 65) e Gonzalo.
Goles: 0-1 Diego, 1-1 Grobas, 1-2 David, 1-3 David, 1-4 Ivan, 1-5 Victor Manuel.
Colexiado: Ramón Tadeo Nieves Calvelo. Amonestou polo Vista Alegre a Jose Luis no 74 por retrasar a posta en xogo do balón, a David 72 por Zancadillear a un contrario e a Adrián no 46 por Protestar.
Partido a priori complicado contra o terceiro clasificado, na tarde do domingo no Campo de Santa Isabel. Esto confirmouse nada máis empezar xa que no minuto 3 o rival poñíase por diante no marcador, a pesar disto o equipo seguiu cas ideas claras, sendo consciente de que apretando arriba na salida do balón lles íamos crear problemas, esto coseguíase pero o non ser capaces de finalizar as xogadas as contras rivais creaban moitos problemas. No minuto 15 esto cambiou e tras recuperar o balón en campo rival, e logo dunha boa seira de pases entre varios dos nosos, o balón chegou franco a Grovas que non desperdiciou a ocasión para poñer o empate. O marcador igualábase facendo xustiza o visto no campo. A partir deste momento o xogou seguiu igual, ata que pouco a pouco os nosos foron baixando un pouco en intensidade, esto reflexouse sobre todo a partir do minuto 30 da primeira metade, xa que a pesar de que éramos capaces de crear ocasións non eramos capaces de finalizar e a sensación de perigo na nosa área cada vez era maior. Nunha destas accións e logo do remate dun corner Parajó ten que meter a man para impedir o gol, pero o árbitro viuno e froito do penalty veo o segundo gol. A partir de ahí aguantamos as envestidas rivais ata o descanso deixando o partido aberto ata a segunda metade.
Na segunda parte a consigna era clara, tras recuperar forzas tiñamos que volver a apretar arriba axudados tamén polos cambios. Pero esto non se conseguiu xa que apenas inquietamos a portería rival, o resultado non se volveu mover ata mediado o segundo período donde en 10 minutos caeron outros 3 goles que deixaban un resultado demasiado abultado para o visto no terreo de xogo, a única ocasión salientable para os nosos chegou na última xogada o encontro, no que Gusy se atoupou con un balón diante do porteiro pero ante a falta de costume intentou a vaselina aproveitando o vote do balón pero esta marchou desviada.
Agora tan só nos queda en mellorar conceptos con respecto o próximo partido, xa que é o máis asequible dos seguintes que temos, hai que intentar sacar puntos sexa como sexa.