Campo da Angustia 3 -- Racing San Lorenzo 2
Campo da Angustia: Brais, Gusy (Pablo 60), Parajó, Marcos, Moreno, Joselu, Grovas, Soci (Sito 58), Rivera, Miguel (Santi 62) y Jonathan (Jose 55).
Racing San Lorenzo: Manuel, Victor, Alejandro (Diego 59), Juan Carlos, Santiago, Jorge (Jose Antonio 46), Alberto, David, Jose Luis, Alfredo y Juan (Jose Juan 74).
Goles: 1-0 Jonathan, 2-0 Marcos de penalty, 3-0 Rivera, 3-1 Moure, 3-2 Santiago.
Colexiado: Jonatan Losas Otero. Amonestou polos visitantes a Manuel no 24 por protestar, Victor no 35 e Alberto no 80 por Zancadillear a un contrario. Polos nosos amonestou a Grovas no 48 por Zancadillear a un contrario, Moreno no 63 por Xogar o balón coa man a Sito no 81 e a Marcos no 89 por Retrasar a posta en xogo do balón.
Partido disputado as 7 da tarde no campo de Santa Isabel, co terreo de xogo en perfectas condicións. Chegábamos logo dunha gran victoria na xornada anterior, pero sabíamos que ía ser un partido complicado a pesar da goleada que lle mtéramos na primeira volta. O equipo saiu concienciado dende o principio, repetindo case o mesmo equipo da semana pasada salvo os centrais e Grovas por Moro (resacoso). O primeiro cuarto de hora foi bastante igualado sen grandes ocasións para ningún dos dous lados, aínda que a sensación de perigo era maior cando atacábamos nos, sen ir máis alá chegou un tiro o longeiro de Miguel, e a partir de ahí pareceu que encontramos o camiño de cara o gol.
O primeiro chegou logo dun gran pase de Soci a Jonathan que este resolve ben no man a man pese a estar bastante escorado, corría o minuto 20 e a partir de aqui as ocasións sucedéronse rápidamente, froito disto chegou o segundo gol, logo dun penalty que o porteiro lle fixo a Rivera logo de superalo no man a man, Marcos foi o encargado de transformalo aumentando así a distancia no marcador. E logo dalgunha ocasión que non fomos quen de transformar, como un cabezazo de Rivera na área pequena que para ben o porteiro ou unha ocasión de Jonathan que logo de superar o porteiro e a porta vacía rematou fóra coa zurda, chegou o terceiro, conseguiuno Rivera o rematar un centro raso na frontal da área pequena. Daqui o final da primeira metade, descatar algún achegamento do San Lorenzo , sobre todo nas botas do incombustible Moure, pero que unhas veces atopouse con Brais e noutras o balón saiu fora, estes achegamentos foron froito de que os nosos notaron o gran esforzo feito e chegamos case sen alento o descanso.
A consigna para a segunda metade estaba clara, logo de recuperar o alento no descanso, tiñamos que sair moi fortes para que non se nos complicase o partido e se podíamos incluso aumentar a ventaxa, os primeiros vinte minutos foron así, xa que apenas pasamos apuros en defensa, salvo algunha xogada aislada e seguíamos creando perigo en ataque, sen ir máis lonxe unha falta votada por Marcos que logo de que balón fixese algún estrano se estrelou case na mesma escadra, así foron chegando os cambios e plantámonos no minuto 20 pensando que o partido ía transcorrer con tranquilidade, pero de repento o San Lorenzo atopou a fortuna que o mellor lle faltara noutras ocasións, primeiro nunha falta votada dende a esquerda que Moure rematou a gol e pouco despois, nun centro raso dende o lado dereito que Moreno no seu intento de despexar acabou desviando a gol.
Corría o minuto 25 e o partido complicárase moito máis do que tiñamos pensado, a partir de aqui o rival veuse arriba e nos perdimos o sitio no campo e sobre todo perdimos o dominio do balón, esto supuxo que daqui o final pasásemos gran parte do tempo case na frontal da nosa área, pero a diferenza doutros días, onte apenas concedimos ocasións de gol, e pese a que o sufrimento foi constante, fomos capaces de aguantar, é mais, seguramente o sufrimento fose menos, se o colexiado logo de obviar unha clara falta na nosa contra na frontal da nosa área, quedando o xogador tendido no chan, parou o xogo cando Marcos se ía plantar só diante do porteiro. Froito disto tivemos que sufrir ata o final, e índa máis alá do final, xa que o partido chegou ata o 53 do segundo tempo.
Unha victoria importante, que supón a segunda consecutiva, subimos un posto na táboa 15º, empatamos a puntos co 14º e para a semana xogamos contra o Zona Vella un rival que se atopa 6º pero o que na primeira volta xa lle empatamos. Esperemos que a racha non se corte e poidamos seguir sumando.
- Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios
