Campo da Angustia 5 -- Amizade 3
Campo da Angustia: Moreno, Gusy (Pablo 58), Parajó, Church, Esteban, Joselu, Moro, Soci, Rivera, Jonathan (Sito 52) e Jose (Santi 60)
Amizade: Francisco, Javier, Miguel, Daniel, Damián, Ernesto, Manuel, Santiago, Carlos e Carlos.
Goles: 1-0 Jonathan, 2-0 Rivera, 2-1 Carlos, 3-1 Rivera, 4-1 Esteban, 5-1 Esteban, 5-2 Damián e 5-3 Carlos.
Colexiado: Evaristo Cerbán Del Río. Amonestou polos visitantes a Miguel no 47 por Zancadillear a un contrario. Polos nosos amonestou a Esteban no 36 por Empuxar a un contrario, a Santi no 64 por Zancadillear a un contrario ea Rivera no 82 por Retrasar a posta en xogo do balón. Polos visitantes expulsou a Daniel no 77 por dobre amonestación
Partido disputado a primeira hora da tarde no campo das Cancelas, nunha boa tarde, enfrontábamosnos a un rival que estaba preto na clasificación pero por riba. Creo que chegamos o partido concienciados de que tiñamos que dar o mellor de nós se queríamos gañar, e pese a que o rival se presentou tan só con 10 xogadores a actitude tiña que ser a mesma. E así foi, presionamos en campo contrario dende o primeiro minuto intentando roubar ou obligalos a que xogasen en largo. Froito disto fomos creando ocasións, o primeiro gol chegou cunha fermosa vaselina de Jonathan dende fora da área que superou o porteiro rival, pouco despois Rivera aproveitouse dunha indecisión entre a defensa e o porteiro rivais para meter a bota e poñer o dous cero, pero o rival creábamos perigo pola velocidade dos seus puntas e logo dalgún aviso, tiramos mal o foro de xogo e un dos seus plantouse só ante o onte improvisado porteiro Moreno e logo de regatealo marcou a placer. Apretábase o partido, e metemos outra marcha coa idea de sentenciar, así chegou o terceiro, que marcou Rivera de cabeza logo dunha boa xogada de Jonathan e centro preciso. Creamos varias ocasións máis bastante claras pero non atoparon o fondo das mallas, aínda que o rival tamén puido marcar algún máis, chegábamos así o descanso.
A Consigna era clara, seguir apretando para que se notase que eles só eran 10 e a ser posible marcar pronto outro gol que sentenciase definitivamente o encontro. E así foi, os 7 minutos da segunda metade xa marcáramos 2 goles máis, o primeiro de Esteban de falta e o outro de Rivera logo dunha asistencia de Soci. Pouco despois chegou o segundo do rival, logo foron chegando os cambios e o partido discorría sen demasiada tensión froito do resultado, nos baixamos o ritmo e así pese a xogar os últimos minutos contra 9, perdimos o balón e o rival comezou a crear certo perigo, marcando así o terceiro, pero afortunadamente o marcadou non se volveu a mover.
Conseguimos así unha importante victoria contra un rival que estaba por encima noso na clasificación, quizás axudados por xogar contra 10, pero tamén gracias a que volvemos a recuperar a intensidade perdida nos dous últimos encontros, así podemos seguir soñando con alcanzar eses 48 puntos a falta de 5 partidos xa que 4 deles son contra rivais que temos por debaixo na táboa, pero aínda así serán sen dúbida moi duros, xa que na primeira volta dos partidos que quedan só puidemos gañar 1 e empatar 2. A seguir na mesma liña e a ver se recuperando o ritmo de adestramentos trastocado ultimamente por festivos de demais somos quen de alcanzar o obxetivo.
- Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios
