Vou facer as crónicas todas xuntas axudado porque todos os resultados son iguais, e como son as últimas da liga (esperemos que non o sexan da temporada), xa me da pereza despois de facer tantas poñerme a facelas por separado.
Se ben é certo que o resultado acadado contra os 3 últimos é o mesmo, as formas foron bastante distintas, por eso, farei un pequeno comentario de cada partido.
Campo da Angustia 2 -- Estrela Vermella 2O partido contra o Estrela comezámolo ben, aínda que sen moita intensidade si que co total dominio do encontro axudado por unha aplastante posesión de balón, oque nos fixo estar prácticamente toda a primeira metade no campo rival, froito disto chegou o primeiro o noso favor, obra de Jony logo dun bo pase interior de Soci. Xa case chegando o final da primeira metade logo dun corner en contra, montamos unha rápida contra, na que Soci lle da un pase en largo a Miguel que ante a saída do porteiro toca o balón que acaba entrando, convertíndose no segundo. Así e xa contaxiados do baixo ritmo do rival, chegábamos o descanso.
Aínda que no descanso falamos de volver a subir o ritmo do encontro para sí poder sentenciar, saltamos a segunda metade peor do que acabáramos a primeira. O ritmo cada vez era máis lento e pouco a pouco perdimos a posesión do balón, esto traduceuse en que o rival tiña as súas oportunidades aínda que non eran claras, pero como era previsible e ante a nosa apatía chegou o primeiro do rival cando ía unha media hora de xogo da segunda metade, pero esto non foi suficiente para facernos espertar e cando o partido agonizaba, nunha xogada aislada fixemos un inxenuo penalty no 43 que nos costou o empate e sen tempo para a reacción.
A conclusión do partido e que pese a estar avisados de que non nos interesaba o baixo ritmo que ía a propoñer o rival, finalmente contaxiámonos del pensando que o partido estaba resolto e finalmente como era de esperar acabámolo pagando.
Campo da Angustia 2 -- Xacobeo Santiago 2
Neste caso chegábamos o partido con numerosas baixas cos 11 xustos para empezar o partido e dous cambios que chegaban no descanso. Aínda así partíamos con ventaxa xa que o rival tan só presentou a 10 xogadores, e ante esto e que nos críamos superiores saltamos o campo a pasar o tempo, pensando que nos ían regalar a victoria. Evidentemente esto non pasou, e vímonos desbordados por todos os lados, só a mala puntería do rival impediou que nos golearan na primeira metade. O gol chegou froito dun erro arbitral xa que pitou libre indirecto por botar o balón Brais antes de sacar, aínda que non foi nin moito menos inmerecido.
Chegamos o descanso tendo que cambiar moitas cousas, sobre todo a actitude, aínda que conscientes de que podíamos levantar o partido. Así a intensidade na segunda metade foi ben distinta, se ben as ocasións non eran demasiado claras, o dominio cambiou de bando. Así chegamos o cuarto de hora da segunda mentade, no que chegaron os nosos dous cambios, e pouco despois estes logaron o empate, Jose centrou dende a banda e Sito rematou a gol de primeiras dende o punto de penalty. Esto deunos confianza e pasado pouco tempo, froito da presión Grovas roubouno un balón na fontral quedando só diante do porteiro e poñéndonos por diante, aínda que quedaba moito por diante. Case sen tempo para asumilo, nunha xogada aislada logo dun pase largo en contra, Brais saeu tratando de cortar, e chegou xusto, o rival sacou rápido e Brais logrou facerse co balón pero misteriosamente o árbitro pitou penalty. O rival non o desaproveitou e estableceu o empate. Daqui o final pouco que salientar.
Campo da Angustia 2 -- Inmaculada 2
O último partido de liga chegábamos por fin con unha convocatoria completa, polo que non había excusas para tomarnos a revancha da primeira volta na que empatáramos. Saímos o partido un pouco dormidos como ben sendo norma últimamente, e cando nos dimos de conta un rival enganchou unha volea dentro da área que se colou pola escadra logo de petar no pau que os poñía por diante. A partir daqui fixémonos co dominio do balón, e pese a que nos faltaba profundidade, o partido estaba claramente dominado por nos. O empate chegou logo dun gran pase entre liñas de Santi que Chema logo de ganarlle en velocidade o defensa definiu ben ante a saída do porteiro. Daquí o descanso tivemos algunha que outra ocasión froito do noso dominio, mentras que o contrario só se achegaba en balóns largos cara a dianteira.
A pesar de que tiñamos o dominio o marcador refrexaba un empate. Tiñamos que seguir apretando na segunda metade. Os primeiros minutos foron igualados, logo chegaron os cambios nos nosos e eso supuxo un dominio absoluto, creando constantes ocasións de gol, gracias a velocidade nas bandas e axudados por un suposto cansancio do rival. Así chegaría logo dalgunha clara ocasión errada, o dous a un, acadado por Rivera logo de rematar no segundo pau un gran centro de Miguel dende a esquerda. Logo disto seguimos dominando e creando ocasións pero sen matar o partido, así e como é norma nestes partidos, no minuto 40 unha falta lonxana en contra, envenénase axudada polo aire e acab entrando case pola escadra. Así sin merecelo estábamos con empate e só con 5 minutos por diante, daqui o final tivemos algunha ocasión pero sen demasiado perigo, e inexplicablemente acabábamos o partido con outro empate logo de facer méritos máis que suficientes para gañar.
Estos 3 partidos resúmense fácilmente:
-- Contra o Estrela vímonos tan superiores que nos contaxiamos do seu ritmo e cando nos demos de conta empatáronnos no 43 sen poder reaccionar.
-- Contra o Xacobeo pensámonos superiores e tiramos toda a primeira metade, así e moi dificil competir aínda contra 10, logo de remontar o partido un erro arbitral privounos dunha victoria (aínda que o empate foi xusto).
-- Contra o Inmaculada recuperamos as nosas señas: intensidade, presión e profundidade. Así dominamos o partido por completo, e se non fose pola nosa falta de puntería e o demasiado acerto mostrado polo rival, deberíamos de haber acadado unha holgada victoria.