Jornada 14: Campo da Angustia 6 -- Amizade 2
Campo da Angustia: Brais, Moreno, Gusy, Rivera, Esteban (Santi 65), Church, Moro, Sito (Soci 55), Chema (Grovas 55), Jonathan e Marcos.
Amizade: Francisco, Santiago, Enrique, Jose, Iván, Alberto, José, Javier, Pablo e Ernesto.
Colexiado: Martín Fernández Bravo. Amonestou polos visitantes a Jose no minutos 70 por Zancadillear a un contrario. Polos nosos expulsou a moreno por dobre amonestación, a primeira no 50 por Zancadillear a un contrario e a segunda no 60 polo mesmo motivo.
Tras varios días de choiva ininterrumpida, o Angustia chegou á Xornada 14 de Liga para enfrontarse contra o Amizade, un equipo por encima na clasificación. O campo de xogo de Grixoa estaba en mellores condicións no esperable, cun estado bastante aceptable para a práctica do fútbol.
O Angustia chegou con moitas baixas por lesión/enfermidade e a causa dos días festivos, pero en peor situación chegou o equipo rival, que se presentou ó encontro con 10 xogadores, circunstancia que aproveitou o Angustia para exercer unha forte presión dende o principio.
O Angustia aproveitou a superioridade en número e en xogo para poñerse cun 2-0 por diante, pero deixou de atacar con insistencia e o Amizade conseguiu recortar a 2-1 nun corner.
O comezo da segunda parte púxose en contra para o Angustia, cun penalti cometido por Moreno que valeu para que o Amizade empatase o encontro. O equipo non acababa de lograr fluidez no xogo ofensivo e o Amizade estaba a crear problemas con balóns largos, cos que crearon varias ocasións máis ou menos claras de gol.
De novo puxéronse difíciles as cousas coa expulsión de Moreno por segunda amarilla, pero a pesares de encontrarse en igualdade numérica, o equipo reaccionou e volveu dominar o xogo. O dominio plasmouse primero no gol de superioridade de Grovas, ó que lle seguiu o hat trick de Santi en moi poucos minutos, para resultar o definitivo 6-2.
- Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios
