Xornada 12: Campo da Angustia 1 – Lavacolla 3
Lavacolla: Carlos, Iván, Antón, Javier, Carlos, José Enrique (Ramón 69), Víctor, Rubén (Pablo 60), Jacobo (Roque 77), Jacobo (Javier 77) e Alberto (Gastón 72).
Goles: 0-1 xxx, 1-1 Soci, 1-2 xxx, 1-3 xxx.
Fernando Muíño Bello. Amonestou polos visitantes a Javier no 41 e Iván no 87 por Zancadillear a un contrario. Polos nosos Amonestou a Marcos no 22, Moro no 25 e a Barreiro non 34 por protestar.
Partido disputado as 7 da tarde no campo das Cancelas, nunha tarde fría. Comezaba o partido con uns minutos de tanteo, pero pronto o rival quixo deixar claro que estaba por encima noso na clasificación, e o cuarto de hora poríase por diante no marcador gracias a que un dos seus xogadores aproveitou o rexeite dunha falta, logo de que esta dese na barreira e logo no longeiro. O equipo non se desconpuxo e seguiu intentando presionar arriba o rival, conseguindo nalgunha que noutra ocasión recuperar o balón en posicións adelantadas pero sen crear excesivo perigo, ata que nunha caída a banda de Grobas permitiuno centrar o segundo pau para aproveitar a chegada de Sito e Soci, acadando este último o gol despois do rexeite do porteiro a un primiero tiro. Dende aquí o descanso apenas houbo ocasións para ningún dos dous bandos.
Na segunda metade o rival saeu claramente a polos 3 puntos, xa que non se quería ver sorprendido, e así logo de algúns achegamentos con perigo, o cuarto de hora logo dunha xogada pola banda na que o seu extremo estaba nunha posición máis que dubidosa, acadaron o segundo logo dunha gran volea. Este gol si que nos afectou xa que pouco despois encaixamos o terceiro, co que o partido se poñía moi costa arriba. A pesar de todo o equipo seguiuno intentando, creando claras ocasións de gol para meterse no partido, destacando unha chegada de Jonathan tras superar en velocidade o seu par, pero que solo diante do porteiro tirou moi frouxo, unha xogada entre Grobas e Miguel, na que o primeiro cando estaba so na frontal da área devolveu o pase perdendo toda a ventaxa da xogada e por último xa o final un man a man de Esteban co porteiro no que este estivo atinado.
Partido no que pese a crear un número de ocasións similar, pagamos a nosa falta de pegada e a contundencia do rival. Xa son 3 derrotas consecutivas e esperemos para a semana empezar a sumar de 3 en 3.
- Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios
