Xornada 5: Campo da Angustia 3 – Bodegón Arzúa 4
Campo da Angustia: Brais, Pablo, Gusy, Parajó, Church, Joselu, Moreno (Moro 55), Miguel, Jose (Marcos 60), Jonathan e Soci (Chema 65).
Bodegón Arzúa: Luis Mato, José Fernández, Enmanuel Martínez, Gabriel Nogueira, Rubén Naveira, Moisés Martínez, Juan Vázquez, Jonathan Fernando, Cristian Mallo, Alberto López, Antonio Puñal. Suplentes; Francisco Figueiras, Fernando Ares, Serafín López e Adrián Sánchez.
Goles: 0-1 Antonio Puñal, 0-2 Alberto López, 0-3 Alberto López, 1-3 Miguel, 1-4 Antonio Puñal, 2-4 Chema e 3-4 Marcos de penalty.
Colexiado: Fernando Muiño Bello. Amonestou polo Bodegón Arzúa a Luis Mato no 80, Jonathan Fernando no 40, Cristian Mallo no 27 e o entrenador Rubén Varela no 27 por protestar. Expulsou a Enmanuel Martínez no 53 por dobre amostación e a Luis Mato no 80 por Vermella Directa. Polos nosos Amonestou a Soci no 23 por protestar, Moreno no 40 por Zancadillear a un contrario, Parajó, Brais e Church no 48 por protestar, Joselu no 89 por Agarrar a un contrario e o entrenador Barreiro no 89 por protestar.
O pasado domingo ben cedo pola mañá, e tras estar chovendo toda a noite, xogouse no campo de As Cancelas o encontro entre o Campo da Angustia e o Bodegón Arzúa. As condicións do campo eran bastante malas en determinas zonas, con pozas que limitaban o desprazamento do balón, así coma as condición atmosféricas, xa que estivo a meirande parte do partido chovendo con forzan...
No partido o Bodegón partía coma favorito, dado a súa superioridade na táboa no que vai de liga. No comezo da primeira parte o Angustia plantou cara, resultando un partido moi igualado, pero finalmente o Bodegón aproveitou fallos puntuais do Angustia para poñerse por diante cun moi abultado 3-0, que non reflectía o visto no campo, xa que o encontro estaba a ser bastante igualado pero o Angustia pagou caros despistes e certa falta de intensidade.
O Angustia finalizou a 1ª parte marcando un gol que lle serviu para reavivar o partido, que parecía decidido, e plantar cara ó Bodegón. Na reanudación, o encontro volveu ser moi igualado, ata que o árbitro expulsou a un xogador do Bogedón nunhas moi estrañas circunstancias (dobre amonestación na mesma xogada, na que o xogador expulsado ía sacar unha falta, e recibiu dúas tarxetas por non esperar ó sinal do árbitro para realizar o saque).
De novo o Bodegón aproveitou o desorde do Angustia para marcar un gol, pero o Angustia volveu responder con dous goles, poñendo un apretado 3-4 no marcador. O partido volveu cambiar de cara para o Angustia coa expulsión directa do seu porteiro no minuto 80, pero a pesar dos numerosos intentos de aproximación á portería rival, finalmente non conseguiu batir ó improvisado porteiro sustituto, e o Bodegón fíxose cunha traballada victoria frente a un combativo Angustia.
- Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios
